RFG · UNIVERSOS PARALELOS

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Zoe Zeniodi, directora

Esteban Batallán, trompeta

Coa participación do alumnado da EAEM

 

PROGRAMA

Cometa: Encarga a Nuria Núñez Hierro. Estrea absoluta

Britta Byström: Parallel Universes. Estrea en España 

Johann Nepomuk Hummel: Concerto para trompeta en Mi bemol maior

Arthur Honegger: Sinfonía núm. 2, H153

Nuria Núñez Hierro introduce Parallel Universes da compositora sueca Britta Byström, na que propón traducir en música teorías cosmolóxicas sobre as realidades paralelas. Máis centrado na terra é o Concerto para trompeta en Mi bemol maior de Hummel, quen, a pesar de ser un neno prodixio como Mozart, deixou un bo posto de traballo como sucesor de Haydn na corte Esterházy para gozar de Weimar e da amizade de Goethe. A pesar da marabillosa escrita do concerto, o solista da estrea tomouse a liberdade de cambiar partes. E a trompeta lévanos tamén ata o final deste serán, como o instrumento que escolleu Honegger na súa Sinfonía núm. 2 para conducirnos desde a anguria do París ocupado ata a afirmación da beleza da vida no terceiro movemento.


Ás 19.45 h, Conversando con... Zoe Zeniodi e Esteban Batallán na Sala Mozart.

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Xoves, 21 Maio, 2026
20:30
Auditorio de Galicia