RFG · SELECCIÓN NOVO/A DIRECTOR/A ASISTENTE

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Baldur Brönnimann e finalistas do concurso de dirección 

Coa participación do alumnado da EAEM

PROGRAMA

Joan Magrané: Andante tranquillo (impromptu para orquesta). Encarga da RFG para o Proxecto Cometa. Estrea absoluta

György Ligeti: Concerto romanés

Ludwig van Beethoven: Sinfonía núm. 1 en Do maior, Op. 21

A selección de director/a asistente é un proxecto da Real Filharmonía de Galicia co que a orquestra busca contribuír á formación práctica de novas direccións orquestrais, ofrecendo unha experiencia real de traballo cunha orquestra profesional ao longo do ano 2025. A través dun proceso de selección, diferentes candidatas e candidatos teñen a oportunidade de dirixir a RFG nun concerto aberto ao público. A iniciativa forma parte do compromiso da RFG coa educación musical e co futuro do sector, facilitando o camiño a novas xeracións de artistas. A orquestra dirixida polas persoas aspirantes interpretará o Concerto romanés de Ligeti no que canalizar a forza expresiva que descubriu no folclore romanés “auténtico” e a Sinfonía núm. 1 de Beethoven, obra que foi acollida con certa incomprensión, especialmente polo tratamento innovador e audaz do xénero, trazos que marcarán toda a súa produción sinfónica futura.


Ás 19.45 h, Conversando con... Baldur Brönnimann na Sala Mozart.

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 11 Decembro, 2025
20:30
Auditorio de Galicia