RFG · RETRATO DA NATUREZA

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Amandine Beyer, directora

 

PROGRAMA

Jean-Philippe Rameau: Suite da ópera “Naïs”

Jean-Marie Leclair: Concerto para violín en La menor núm. 5, Op. 7

Georg Muffat: Concerto grosso núm. 12 en Sol maior, “Propitia Sydera” 

Justin Heinrich Knecht: Sinfonía Pastoral en Sol maior “O retrato musical da natureza”

Falecidos ambos en París en 1764, Jean-Philippe Rameau e Jean- Marie Leclair son os piares do Barroco francés tardío. Rameau, inclinado pola música escénica, compuxo Naïs en 1749 para celebrar a Paz de Aquisgrán mentres que o Concerto para violín núm. 5 de Leclair desprega unha elegancia melódica íntima, menos marcial. Georg Muffat foi dos primeiros compositores en especificar como se debía interpretar a súa música; o seu Concerto grosso núm. 12 presenta unha retórica musical de raíz luterana, articulada en afectos contrastantes que evocan poeticamente o seu título “astros propicios”: solemnidade, ímpeto rítmico, lirismo contido e seccións fugadas. Ao contrario que Muffat, Knecht permaneceu case toda a súa en Alemaña. Coetáneo de Haydn e Mozart, a súa Sinfonía Pastoral prefigura a monumental de Beethoven nas súas alusións programáticas.


Ás 19.45 h, Conversando con... Amandine Beyer na Sala Mozart.

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 19 Marzo, 2026
20:30
Auditorio de Galicia