RFG · ORIXES

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Amandine Beyer, directora

 

PROGRAMA

Georg Friedrich Händel: Suite núm. 1 en Fa maior, da Música Acuática, HWV 348

Carl Friedrich Abel: Sinfonía núm. 4 en Do maior, Op. 17

Johann Christian Bach: Abertura e Suite de Amadis de Gaula

Este programa desta noite viaxa desde o corazón do Barroco ata o Clasicismo, ofrecéndonos a posibilidade de apreciar a transformación estética dunha época. Haendel compuxo A música acuática para reconciliarse co seu protector, recentemente coroado rei de Inglaterra, tras dous anos de ausencia. Establecido tamén en Londres, Carl Friedrich Abel naceu en Köthen en 1723, cando remataba a súa estadía alí Johann Sebastian Bach. As dúas familias mantiveron unha relación estreita, consolidada cando Carl Friedrich organizou en Londres os concertos Bach-Abel xunto a Johann Christian Bach. O alcoholismo de Abel precipitou unha carreira brillante, na que destaca a Sinfonía núm. 4, na que se albisca toda a perfección formal que florecería no Clasicismo. Masón como Abel, Johann Christian Bach sobresaíu como compositor de óperas como Amadis de Gaula, un fito na época.


Ás 19.45 h, Conversando con... Amandine Beyer na Sala Mozart.

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Xoves, 28 Maio, 2026
20:30
Auditorio de Galicia