RFG · O SON QUE LATEXA

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

Baldur Brönnimann, director

  • Richard Wagner: Idilio de Sigfrido
  • Hugo Gómez-Chao: Schattenhaft*
  • Franz Berwald: Sinfonía núm. 3 “Singulière”

*Encarga RFG. Estrea absoluta

Coa participación do alumnado da EAEM

o son que latexa

Este programa ábrese cun dos cantos de amor máis universais, o Idilio de Sigfrido, co que Wagner agasalla á súa dona, Cosima Liszt. Destinada ao ámbito doméstico, é por iso unha das súas poucas obras exclusivamente orquestrais. Na mesma atmosfera intimista desenvólvese Schattenhaft, estrea do compositor galego Hugo Gómez-Chao, que traslada o universo poético dos corpos en resonancia ao mundo dos sons, xogando coa idea da ausencia, da presencia e da lembranza. Este mesmo delicado mundo interior desprégase na segunda parte do concerto cunha obra do sueco Franz Berwald, compositor romántico considerado hoxe un dos músicos máis importantes de Suecia, a pesar de que mentres viviu tivo que traballar como ortopédico ou en distintas fábricas en Berlín. Nunca interpretada en vida do músico, a súa Sinfonía núm. 3 “Singulière” é unha obra vitalista que se inspira no folclore escandinavo.

CONVERSANDO CON… Sala Mozart 19:45 h

Baldur Brönnimann e Hugo Gómez-Chao

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 23 Novembro, 2023
20:30
Auditorio de Galicia