RFG · O INMIGRANTE

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

ABONO

CINEUROPA

Timothy Brock, director

  • Nino Rota: Il Gattopardo: Ballabili
  • Miklós Rózsa: Serenata Húngara, op. 25 [ESTREA EN ESPAÑA]
  • The Immigrant. Director: Charles Chaplin, 1917. Música: Timothy Brock, 2012

O INMIGRANTE

O concerto de Cineuropa é xa un clásico dentro da programación da Real Filharmonía de Galicia. Este ano comezamos con Il gattopardo de Nino Rota, considerada unha obra mestra da música para cine. Visconti quedou fascinado polos Ballabili do músico napolitano, que reproducen nos seus aires de danza a beleza decadente dun mundo en plena descomposición. A esta obra séguelle a Serenata húngara de Miklós Rózsa, quen compuxo un cento de bandas sonoras, tres delas gañadoras dun Oscar; porén, o músico húngaro nunca abandonou a música “pura” e na Serenata  pode apreciarse a importancia do folclore da súa terra e a pegada de mestres como o tamén húngaro Zoltan Kodály. Estas dúas obras serven de antesala ao filme The Immigrant de Charles Chaplin, á que pon música o compositor e director estadounidense Timothy Brock, especializado na creación de música para cine mudo.

   

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 16 Novembro, 2023
20:30
Auditorio de Galicia