REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Paul Daniel, director
Coa participación do alumnado da EAEM
PROGRAMA
Cometa: Encarga a Gabriel Erkoreka. Estrea Absoluta
Fernando Buide: Mar ao Norde
Benjamin Britten: Four Sea Interludes da ópera Peter Grimes, Op. 33a
Jean Sibelius: Sinfonía núm. 3 en Do maior, Op.52
Un concerto con estéticas diversas comeza coa obra de Gabriel Erkoreka, que nos achega a Mar ao Norde, composta polo santiagués Fernando Buide en 2014 como homenaxe ao primeiro poemario de Álvaro Cunqueiro. A obra é case un concerto para seis violonchelos e orquestra, que percorren xuntos unha historia simbólica marcada polo mar, a noite e a inmensidade. Tamén no mar vive Four Sea Interludes, de Benjamin Britten, o principal compositor inglés do século XX. Pacifista e dono dun estilo persoal, é recoñecido polo uso expresivo da tonalidade, equilibrio formal e fonda sensibilidade dramática, xa visible nesta obra, extraída da ópera Peter Grimes. A Sinfonía núm. 3 de Sibelius, a máis clásica das súas sete, consta de tres movementos que fan referencia ao nacemento, morte e resurrección de Cristo.
Ás 19.45 h, Conversando con... Paul Daniel na Sala Mozart.