RFG · HISTORIAS · PROGRAMA DE ABONO

DATOS BÁSICOS

A Real Filharmonía de Galicia fai 30 anos,e para celebralo concibe unha programación que aposta polo talento galego, a creación contemporánea e pola proxección da orquestra cara ao futuro. 
Baixo o título 'Historias', a temporada 2025-2026 da orquestra artéllase arredo de diversos piares principais que combinan memoria, talento galego, novas creacións, accións pedagóxicas e compromiso territorial. Ao longo dos próximos meses renderá homenaxe aos nomes que contribuíron ao prestixio e evolución artística da orquestra e tamén porá en valor as figuras que están construíndo a historia musical de hoxe. 
O resultado desta ponte entre o pasado e o futuro faise música coa recuperación de obras como o Amadís de Gaula de Johann Christian Bach, interpretada no concerto inaugural da Real Filharmonía de Galicia, e tamén no proxecto Cometas, unha encarga a compositoras e compositores noveis que busca dar espazo á creación actual.
Esta temporada 'Historias' centra o seu obxectivo en seguir fortalecendo a orquestra cun impulso renovador a través do seu proxecto pedagóxico, territorial e de creación contemporánea. Así, a colaboración coa Escola de Altos Estudos Musicais, os obradoiros de composición e dirección, os concertos didácticos e a aposta polos novos públicos e linguaxes reafirman o compromiso da RFG coa música de hoxe e coas xeracións futuras.

ABONOS
A renovación dos pases de temporada realizarase os días 20, 23, 24, 25, 26 e 27 de xuño de 202 no teléfono do Auditorio 981 571026, de 10.00 h a 14.00 h. Os novos abonos poderán tramitarse os días poderán solicitarse os días 27 e 30 de xuño así como o 15, 16, 17, 18 e 19 de setembro no despacho de billetes do Auditorio de 11h a 14h.

Unha das novidades da temporada pasa pola introdución do abono para os tres concertos (EN)FOCO, que  reduce o prezo das entradas individuais tanto se se opta pola entrada xeral como se se escolle aquela con petisco e bebida na Lasso. 

Ademais, as modalidades de abonos flexibles, que tiveron tan boa acollida na última temporada, seguen dispoñibles para aquelas persoas espectadoras que prefiran escoller entre 5 ou 10 concertos entre todos os programados.

As entradas individuais sairán á venda a partir do día 25 de setembro e poderán ser adquiridas (cos descontos habituais para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas) en compostelacultura.gal, no despacho de billetes da Zona C · Punto de Información Cultural (aberto de martes a sábado, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas) e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia (aberto o día de cada concerto dende unha hora antes do seu inicio).

 

 

Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Venres, 20 Xuño, 2025 a Xoves, 4 Xuño, 2026