RFG · HERDANZA AFRICANA · (EN)FOCO

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

(EN)FOCO

Director/a asistente

  • Hannah Kendall: Tuxedo*
  • Missy Mazzoli: River Rouge Transformations
  • Florence Price: Sinfonía núm. 1

* Estrea en España

herdanza africana

Tres compositoras protagonizan esta proposta. A británica Hannah Kendall leva á música clásica o seu compromiso racial introducindo chifres da policía neoiorquina ou espirituais negros, como en Tuxedo: Vasco de Gama. Un compromiso ético similar é o de  Missy Mazzoli, quen estrea nos teatros de ópera máis importantes do mundo, sendo a primeira muller en recibir unha encarga do MET de New York, en 2018. A súa obra River Rouge Transformations rende homenaxe ao Detroit dos tempos míticos, a partir dunha idea de transformación masiva de ruídos. O programa finaliza con Florence Price, a primeira muller afroamericana recoñecida como compositora sinfónica, a pesar de que compoñer non puido ser o seu único traballo. A Sinfonía núm. 1 foi estreada en 1933 en Chicago e loubada como obra maxistral. Tiveron que pasar 91 anos para que nós agora poidamos desfrutala.

 

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.
  • De balde para as persoas abonadas

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 24 Maio, 2024
20:30
Auditorio de Galicia