REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Josep Planells, director
Noè Rodrigo Gisbert e Adélaïde Ferrière, percusión
PROGRAMA
Francisco Domínguez: Negra Sombra. Encarga no marco do proxecto Cometas. Estrea absoluta.
Rebecca Saunders: VOID. Estrea en España
Francisco Guerrero: Coma Berenices
Francisco Domínguez abre o concerto coa súa Cometa, introducindo un programa que conecta distintos xeitos de entender a creación contemporánea. Coa súa especial lucidez, a londiniense Rebecca Saunders explora o papel da música nunha sociedade en constante conflito, da que quere resaltar a humanidade que nos envolve. Inspirada en Textos para nada de Beckett, VOID debuxa, a través dunha ampla paleta orquestral, a flutuación entre ruído e son. A morte prematura de Francisco Guerrero, acaecida en 1997 cando tiña 47 anos, deixou en suspenso unha das máis orixinais formas de achegarse á música a partir das matemáticas. Coma Berenices está considerada a obra máis importante do compositor xienense; composta un ano antes da súa morte, a peza inspírase literalmente nas proporcións matemáticas existentes nesta constelación situada ao oeste de Leo.
Como antesala ao concerto, o Auditorio de Galicia acollerá unha serie de actividades complementarias que permiten achegarse ao feito musical desde unha perspectiva formativa e experiencial. Así, entre as 18.00 e as 19.30 horas terá lugar unha clase maxistral na Sala Ángel Brage a cargo de Noé Rodrigo e Adélaïde Ferrière.
Ao seu remate, ás 19.45 horas arrancará na Sala Mozart un preconcerto do estudantado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais. Elena Rodríguez e Lia Teotonio, violíns; Inmaculada Muedra, viola; e Javier Nicolás Casamayor, violoncello, baixo a coordinación do profesor Timur Sadikov, interpretan obras de Beethoven e Shostakovich, nunha nova oportunidade para descubrir o talento musical emerxente.
Ambas as propostas son de balde para as persoas abonadas e para todas aquelas portadoras de entrada para o concerto Fendas do silencio
Programa do preconcerto
L. v. Beethoven: Cuarteto de corda núm. 1 en Fa maior op.18
- Allegro con brio
- Adagio affettuoso ed appassionato
- Scherzo. Allegro molto - Trio4
- Allegro
Dimitri Shostakovich: Cuateto de corda núm. 7 en Fa maior op. 108
- Allegretto
- Lento
- Allegro-Allegretto
En colaboración co Festival RESIS
