RFG · FENDAS DO SILENCIO

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Josep Planells, director

Noè Rodrigo Gisbert e Adélaïde Ferrière, percusión

 

PROGRAMA

Francisco Domínguez: Negra Sombra. Encarga no marco do proxecto Cometas. Estrea absoluta.

Rebecca Saunders: VOID. Estrea en España

Francisco Guerrero: Coma Berenices

Francisco Domínguez abre o concerto coa súa Cometa, introducindo un programa que conecta distintos xeitos de entender a creación contemporánea. Coa súa especial lucidez, a londiniense Rebecca Saunders explora o papel da música nunha sociedade en constante conflito, da que quere resaltar a humanidade que nos envolve. Inspirada en Textos para nada de Beckett, VOID debuxa, a través dunha ampla paleta orquestral, a flutuación entre ruído e son. A morte prematura de Francisco Guerrero, acaecida en 1997 cando tiña 47 anos, deixou en suspenso unha das máis orixinais formas de achegarse á música a partir das matemáticas. Coma Berenices está considerada a obra máis importante do compositor xienense; composta un ano antes da súa morte, a peza inspírase literalmente nas proporcións matemáticas existentes nesta constelación situada ao oeste de Leo.


Como antesala ao concerto, o Auditorio de Galicia acollerá unha serie de actividades complementarias que permiten achegarse ao feito musical desde unha perspectiva formativa e experiencial. Así, entre as 18.00 e as 19.30 horas terá lugar unha clase maxistral na Sala Ángel Brage a cargo de Noé Rodrigo e Adélaïde Ferrière.

Ao seu remate, ás 19.45 horas arrancará na Sala Mozart un preconcerto do estudantado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais. Elena Rodríguez e Lia Teotonio, violíns; Inmaculada Muedra, viola; e Javier Nicolás Casamayor, violoncello, baixo a coordinación do profesor Timur Sadikov, interpretan obras de Beethoven e Shostakovich, nunha nova oportunidade para descubrir o talento musical emerxente. 

Ambas as propostas son de balde para as persoas abonadas e para todas aquelas portadoras de entrada para o concerto Fendas do silencio

Programa do preconcerto

L. v. Beethoven:  Cuarteto de corda núm. 1 en Fa maior op.18

  •  Allegro con brio
  •  Adagio affettuoso ed appassionato
  •  Scherzo. Allegro molto - Trio4
  • Allegro

Dimitri Shostakovich: Cuateto de corda núm. 7 en Fa maior op. 108

  • Allegretto
  • Lento
  • Allegro-Allegretto

En colaboración co Festival RESIS

 

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 30 Abril, 2026
20:30
Auditorio de Galicia