REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
ABONO
Sebastian Zinca, director
Iñaki Alberdi, acordeón
Sofiya Gubaidulina: Fachwerk
Dmitri Shostakovich: Sinfonía núm. 1 en fa menor, op. 10
Coa participación do alumnado da EAEM
PRE-CONCERTO DO ALUMNADO DO CURSO AVANZADO DE ESPECIALIZACIÓN ORQUESTRAL DA EAEM
Sala Mozart, 19.30 h
I. Pleyel: Quinteto para frauta, óboe e corda, op.18 núm. 2 en Do maior
B. Britten: Cuarteto Fantasía para óboe corda
H. Villa-Lobos: Dúo para frauta e violonchelo «Assobio a Játo»
Belén Aragunde (frauta), Francisco Javier Ruiz (óboe), Yiran Niu (violín), Inês Fernando (viola) e Esther Fernández (violonchelo)
Profesorado: Natalia Madison e Thomas Piel
ENCRUCILLADA
A biografía de Sofiya Gubaidulina é como unha cartografía sonora da Rusia que lle tocou vivir a esta compositora tártara, de profundas conviccións relixiosas. Persoa non grata para o réxime político, non viaxará ao estranxeiro ata final dos anos 80, década a partir da cal recibirá grandes recoñecementos internacionais. En Fachwerk presenta un diálogo entre as dúas culturas musicais que tan ben coñece, a occidental e a tártara, simbolizada no baián, unha sorte de acordeón para o que adoita escribir. Cinco anos antes de nacer Gubaidulina, Shostakovich estreou a súa primeira sinfonía cun grande éxito; era 1926 e o compositor tiña 20 anos. Nela latexa esa ironía burlona que se tornará sarcasmo nas 14 sinfonías seguintes. Shostakovich guíanos pola alegría no primeiro tempo e pola desolación no terceiro, dunha tristeza que abraia nun mozo que compuxo así unha profecía involuntaria.