REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Clark Rundell, director
Seckou Keita, intérprete de kora
PROGRAMA
Seckou Keita: African Rhapsodies (arranxos: D. Mantovani) Estrea en España
No terceiro enfoque, a RFG achégase a outras tradicións musicais, cun programa aberto a horizontes sonoros recollidos nese continente culturalmente tan afastado que é África. Seckou Keita descende dunha familia de reis senegaleses e dos ancestrais músicos griot; comezou a ser valorado en Europa a mediados dos 90, cando presentou a kora, mestura única entre laúde e arpa, da que é o gran referente internacional. Para este instrumento desenvolveu afinacións orixinais a partir das catro tradicionais de Senegal, Gambia, Guinea-Bissau e Malí. Seckou Keita combina todas estas posibilidades sonoras nun só instrumento, mantendo a raíz tradicional e xerando un son novo, expresivamente máis amplo. Rapsodias africanas é un diálogo sonoro a varias bandas, para o que despregou toda a súa mestría como arranxista o compositor Davide Mantovani.
Concerto non incluído no programa de abono da temporada 'Historias'.
Ás 19:45h, Preconcerto do estudantado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral
Catarina Barbosa e Marie Esther Cooper, violíns; Inmaculada Muedra, viola; Javier Nicolás Casamayor, violoncello; Nicolás García, contrabaixo.
Timur Sadikov, profesor
Antonín Dvořák: Quinteto de corda núm. 2 en Sol maior, op. 77