RFG · CONCERTOS NOS BARRIOS

DATOS BÁSICOS

CONCERTOS NOS BARRIOS CO ESTUDANTADO CAEO

FÓRA DE ABONO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
César Ramos
, director

G. Rossini: Obertura El señor Bruschino
F. Schubert: Sinfonía nº 5 en Si b M, D. 485 (1º mov.)
W. A. Mozart: Sinfonía concertante en Mi b M, KV. 297b (1º mov)
C. Rodríguez: Arborescente       
F. J. Haydn: Concerto para trompeta en Mi b M
F. Schubert: Sinfonía nº 5 en Si b M, D. 485 (4º mov.)

Os Concertos nos Barrios son unha iniciativa da Real Filharmonía de Galicia coa que busca achegar a música sinfónica a todos os recunchos de Santiago, levando a orquestra fóra do Auditorio para conectala directamente coa cidadanía. Nestes concertos preséntanse os contidos na nosa temporada, cun formato máis próximo e comentado polo propio director. Con esta proposta, a orquestra quere romper os muros invisibles que afastan a moitas persoas da música clásica, e demostrar que esta forma de arte é de todas e para todas as persoas. Música, diálogo e proximidade convértense así en ferramentas para construír unha cidadanía máis cohesionada, aberta e culturalmente activa.

Duración: 
90 min (aprox)
Acceso: 

Acceso libre ata completar capacidade

Info práctica: 
Xoves, 11 Xuño, 2026
20:00
Casa das Máquinas