Os días 16 e 17 de xullo, a igrexa de Santo Agostiño acollerá un concerto da Real Filharmonía de Galicia, como parte do seu programa de concertos nos barrios.
Nesta ocasión, dirixida por José Luís Temes e cun atractivo programa que combina obras de Wolfgang Amadeus Mozart, Carlos Baguer e María Luisa de Borbón.
Un encontro musical único nun espazo cargado de historia, con acceso libre até completar a capacidade.
PROGRAMA
José Luís Temes, director
W. A. Mozart: Sinfonía núm. 40 en Sol m, KV 550 (1º mov)
María Luisa de Borbón: Sinfonía núm. 1
C. Baguer: Sinfonía núm. 12 en Mi b M
María Luisa de Borbón: Sinfonía núm. 4
W. A. Mozart: Sinfonía núm. 40 en Sol m, KV 550 (4º mov)