REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
César Ramos, director
O 17 de xullo, a igrexa de Santo Agostiño acollerá un novo concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do seu programa de Concertos nos barrios.
Nesta ocasión, a orquestra estará dirixida por César Ramos e ofrecerá un programa que percorre diferentes formas de entender a emoción e a narrativa na música orquestral.
A cita ábrese e péchase coa Sinfonía núm. 4 de Ludwig van Beethoven, unha obra luminosa e vital da que se interpretan o primeiro e o cuarto movementos. Entre ambos os dous, o público poderá escoitar o Idilio de Sigfrido de Richard Wagner, unha obra de pequeno formato que o compositor escribiu como agasallo para a súa muller, Cosima, e que destaca polo seu carácter íntimo e sereno.
Pechando este percorrido, Strum, da compositora estadounidense Jessie Montgomery, achega unha sonoridade contemporánea marcada polo ritmo e pola enerxía das cordas, inspirada na música tradicional e popular.
PROGRAMA
L. v. Beethoven: Sinfonía núm. 4 en Si b M, op.60 (1º mov)
R. Wagner: El idilio de Sigfrido
J. Montgomery: Strum
L. v. Beethoven: Sinfonía núm. 4 en Si b M, op.60 (4º mov)