RFG · CONCERTO DE PRESENTACIÓN DA NOVA TEMPORADA

DATOS BÁSICOS

A Real Filharmonía de Galicia presenta as chaves da temporada 2024-25 nun concerto especial dirixido por Baldur Brönnimann e aberto a toda a cidadanía. 

As persoas abonadas terán reservadas as butacas que ocuparon ao longo da tempada e abondará con que presenten a súa tarxeta de abono no acceso ao recinto. Para o resto de persoas interesadas, a entrada é de balde previa retirada de convites (máximo 2 por persoa) na páxina web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C e no do Auditorio de Galicia (o propio día do concerto).

Ao remate, haberá lugar para a conversa co público e para compartirmos un viño por cortesía de Galicia Calidade.

 

 

Duración: 
90 MIN
Entradas: 

As persoas abonadas poderán acceder ao Auditorio coa súa tarxeta de abono e ocupar as butacas habituais

O resto de entradas son de balde, previa retirada de convites (máx. 2 por persoa) en:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Xoves, 13 Xuño, 2024
20:30
Auditorio de Galicia