RFG · CANTAMOS!

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Proxecto participativo con coros de Galicia

Coro de Cámara Thalassa (Marín, Pontevedra)
Coro da Asociación Músico Crisanto (Rábade, Lugo)
Coro Asociación de Amigos del Camino de Santiago (Lugo)
Coro Asubío (Santiago, A Coruña)
Coro da Escola Municipal de Música de Santiago (Santiago, A Coruña)
Coro Crecente de Voces Graves (Santiago, A Coruña)
Sons de Solovio (Santiago, A Coruña)

Javier Fajardo, director

Milan Périsic, barítono

Andrea Rey, mezzosoprano

Coa participación do alumnado da EAEM

 

PROGRAMA

Aberturas, coros e arias das óperas máis representativas de Wolfgang Amadeus Mozart, Gioachino Rossini, Giuseppe Verdi, Gaetano Donizzeti e Georges Bizet.


O director galego Javier Fajardo volve poñerse á fronte de Cantamos!, proxecto co que a Real Filharmonía convida a participar a todos os coros galegos afeccionados que o desexen. A terceira edición desta iniciativa participativa céntrase na ópera, un xénero de vocación universal que, porén, tantas veces permanece alleo ao gran público. Cantamos! permite achegarse a ela dun xeito único: interpretándoa e escoitándoa desde dentro, nunha experiencia colectiva de gran valor transformador. Mozart, Rossini, Verdi, Donizeztti e Bizet son imprescindibles por esta razón. A súa música relata historias de amores e celos, de coraxe e entrega, de renuncias e xenerosidade. As súas óperas forman parte da vivencia da humanidade e seguen a ser unha ferramenta viva para a transmisión de emocións, coñecemento e identidade colectiva. Que mellor maneira de amalas que dando vida ás súas partituras.


Proxecto en colaboración con: 

Federación de Coros de Galicia
Amigos da Ópera de Santiago de Compostela

 

 

Duración: 
90 MIN
Acceso: 

Concerto non incluído no programa de abono da temporada 'Historias'

Prezo da entrada: 15 €

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Venres, 19 Decembro, 2025
20:30
Auditorio de Galicia