RFG · AO LONXE

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Baldur Brönnimann, director

Raquel Areal, violín

Coa participación do alumnado da EAEM

 

PROGRAMA

Cometa: Encarga a Voro García. Estrea absoluta

Serguéi Prokófiev: Concerto para violín núm. 2 en Sol menor, Op. 63

Jean Sibelius: Sinfonía núm. 2 en Re maior, Op. 43

Voro García dá paso ao regreso de Serguéi Prokófiev aos atrís da Real Filharmonía co Concerto para violín núm. 2. Composto en 1935, sepárano case trinta anos do primeiro, co que comparte mestría e pouco máis. Preparado para regresar á URSS tras un longo período de éxitos fóra, este concerto foi o último encargo que Prokófiev recibiría do mundo occidental. A súa estrea, en Madrid, incluíu castañolas. Igualmente convulsa foi a vida do compositor finés Jean Sibelius, quen loitou durante a súa longa existencia contra a bancarrota e a enfermidade. A Sinfonía núm. 2, escrita en 1902 despois dunha breve estancia en Italia, non anticipa, porén, ese triste itinerario vital. A profusión de motivos melódicos marca os seus catro movementos, estruturados segundo un esquema formal conservador que xa abandonaran Mahler ou Stravinski.


Ás 19.45 h, Conversando con... Baldur Brönnimann e Raquel Areal na Sala Mozart.

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 29 Xaneiro, 2026
20:30
Auditorio de Galicia