RFG · ABONOS FLEXIBLES 2025-2026

DATOS BÁSICOS

ABONOS FLEXIBLES PARA A TEMPORADA 'HISTORIAS'

A Real Filharmonía de Galicia mantén na tempada 2025-2026 a modalidade de abonos flexibles que ofrecen o público a oportunidade de tecer un percorrido de seu pola programación e adquirir as entradas a prezo reducido.

Así, as persoas portadoras dos novos abonos FLEXIBLE 10 e FLEXIBLE 5 poderán acceder, respectivamente, a 10 ou 5 concertos da súa escolla entre todos os programados na tempada, sempre e cando aínda queden localidades dispoñibles. Estes abonos venderanse a partir do día 4 de setembro

Baixo o título 'Historias', a temporada 2025-2026 da orquestra artéllase arredo de diversos piares principais que combinan memoria, talento galego, novas creacións, accións pedagóxicas e compromiso territorial. Ao longo dos próximos meses renderá homenaxe aos nomes que contribuíron ao prestixio e evolución artística da orquestra e tamén porá en valor as figuras que están construíndo a historia musical de hoxe. 
O resultado desta ponte entre o pasado e o futuro faise música coa recuperación de obras como o Amadís de Gaula de Johann Christian Bach, interpretada no concerto inaugural da Real Filharmonía de Galicia, e tamén no proxecto Cometas, unha encarga a compositoras e compositores noveis que busca dar espazo á creación actual.
Esta temporada 'Historias' centra o seu obxectivo en seguir fortalecendo a orquestra cun impulso renovador a través do seu proxecto pedagóxico, territorial e de creación contemporánea. Así, a colaboración coa Escola de Altos Estudos Musicais, os obradoiros de composición e dirección, os concertos didácticos e a aposta polos novos públicos e linguaxes reafirman o compromiso da RFG coa música de hoxe e coas xeracións futuras.

MERCA O TEU ABONO


ABONOS (EN)FOCO

Nesta temporada, ofrécense tamén prezos especiais para aquelas persoas que desexen asistir aos concertos (EN)FOCO. 

Abono (EN)FOCO – a persoa titular deste abono poderá asistir ao ciclo (EN)FOCO ao completo. Son tres concertos comentados, sempre aos venres, por 40€
Abono (EN)FOCO con petisco e bebida – ademais dos tres concertos comentados, esta opción contempla a degustación dun petisco e unha bebida na cafetería do Auditorio por 58€

Á venda dende o 4 de setembro na Zona C · Punto de información Cultural (praza de Cervantes, horario de martes a sábado, de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas)

Acceso: 

ABONO FLEXIBLE 5 (5 concertos a elixir): 62,50€

ABONO FLEXIBLE 10 (10 concertos a elixir): 125,00 €

Á venda en: 

  • compostelacultura.gal · PREME AQUÍ
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día dos concertos desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 4 Setembro, 2025 a Xoves, 4 Xuño, 2026