RFG·FARÖ

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

LA MAQUINÉ, compañía de teatro

Dranaturxia e dirección: Joaquín Casanova e Elisa Ramos

Música: Claude Debussy e outros compositores

Adaptación musical e anexos: José López-Montes

Deseño de escenografía, iluminación e proxeccións: Joaquín Casanova

Deseño de vestiario: Elisa Ramos

Deseño de monicreques e máscaras: Elisa Ramos e Joaquín Casanova

Realización de escenografía, monicreques, máscaras e obxectos: Joaquín Casanova, Elisa Ramos e Carlos Monzón

Realización de vestiario: Vanessa Cañaveral

Intérpretes: Elisa Ramos, Ángela Cáceres e Noé Lifona

(MÚSICA E TEATRO)

28 E 29 XANEIRO 10.00 H E 12.00 H

SALA ÁNGEL BRAGE. AUDITORIO DE GALICIA

Idade recomendada: 3º a 6º Primaria

Duración: 60 min

Lingua: galego

Nunha pequena illa no medio do océano vive Conta, un fareiro solitario que dedica a súa vida a coidar a Perla do océano, unha luz capaz de guiar os barcos na escuridade. Refuxiado na rutina e no control, mantense alleo a todo o que o rodea. Mais o mar insiste en achegarse a el a través da Lapa, unha foca curiosa; Pinza, un cangrexo que busca fogar; e o canto distante dunha balea. A chegada de Piti, un pequeno paxaro ferido,obriga a Conta a enfrontarse ás súas dificultades para coidar desde o afecto e non desde o control. Cando un accidente provoca a caída da Perla do océano ao mar e desata a tormenta, Conta emprende unha viaxe ás profundidades para recuperala. No interior da balea comprenderá que nin a luz nin el mesmo poden existir illados.

Transformado pola experiencia, Conta regresa disposto a abrirse aos demais. Coa axuda de Lapa e Pinza, converterá a illa nun barco simbólico para rescatar a Piti e descubrirá que a verdadeira luz non habita xa no faro, senón no seu propio interior.

 

Duración: 
60 min
Acceso: 

Entrada gratuíta, previa reserva a través do formulario que poderá atopar no seguinte enlace: https://www.compostelacultura.gal/programadidactico

DATAS DE ENVÍO DAS SOLICITUDES:

• Centro de ensino de Santiago de Compostela: dende o xoves, 17 de setembro ás 8:30 h

• Centro de ensino do resto de Galicia: dende o venres, 18 setembro ás 8:30 h

 

Só para centros de ensino

Info práctica: 
Xoves, 28 Xaneiro, 2027
10:00
Auditorio de Galicia
Xoves, 28 Xaneiro, 2027
12:00
Auditorio de Galicia
Venres, 29 Xaneiro, 2027
10:00
Auditorio de Galicia
Venres, 29 Xaneiro, 2027
12:00
Auditorio de Galicia