RFG· O BOSQUE DE GRIMM

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

LA MAQUINÉ, compañía de teatro

Joaquín Casanova e Elisa Ramos, creación

Joaquín Casanova, director da obra, espazo escénico, iluminación e proxeccións

Elisa Ramos e Maite Campos, intérpretes

José López-Montes, adaptación musical e director

(MÚSICA)

29 E 30 OUTUBRO 10.00 H E 12.00 H

SALA ÁNGEL BRAGE. AUDITORIO DE GALICIA

Idade recomendada: Infantil, 1º e 2º Primaria

Duración: 60 min

 

La Maquiné presenta O bosque de Grimm, un espectáculo inspirado no universo dos contos de fadas recompilados por Charles Perrault e os irmáns Grimm, que toma como punto de partida a delicada suite Ma mère l'Oye (Miña nai a Oca) de Maurice Ravel. Interpretada con orquestra en directo, a proposta combina teatro xestual, monicreques e vídeo nunha experiencia escénica pensada para público infantil e familiar a partir dos cinco anos.

 

A través da música de Ravel —concibida como unha evocación poética dos relatos da infancia— o espectáculo percorre algúns dos contos tradicionais máis coñecidos e transmitidos de xeración en xeración, como Carapuchiña Vermella, Polgariño, Brancaneves ou A Cincenta. Cada peza musical constrúe atmosferas e imaxes que mergullan o público nun bosque cheo de fantasía, misterio e emoción.

 

Creada por Joaquín Casanova e Elisa Ramos, responsables de La Maquiné, a montaxe propón unha viaxe á inocencia a través dunha mirada contemporánea sobre os contos populares, nun espectáculo visual e musical de grande sensibilidade pensado para emocionar a todos os públicos.

Duración: 
50 min
Acceso: 

Entrada gratuíta, previa reserva a través do formulario que poderá atopar no seguinte enlace: https://www.compostelacultura.gal/programadidactico

DATAS DE ENVÍO DAS SOLICITUDES:

• Centro de ensino de Santiago de Compostela: dende o xoves, 17 de setembro ás 8:30 h

• Centro de ensino do resto de Galicia: dende o venres, 18 setembro ás 8:30 h

 

Só para centros de ensino

Info práctica: 
Xoves, 29 Outubro, 2026
10:00
Auditorio de Galicia
Xoves, 29 Outubro, 2026
12:00
Auditorio de Galicia
Venres, 30 Outubro, 2026
10:00
Auditorio de Galicia
Venres, 30 Outubro, 2026
12:00
Auditorio de Galicia