RESTUL E TACERE / O RESTO É SILENCIO

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN 100 ANOS DE CINEMA ROMANÉS

Dirección: Nae Caranfil

Romanía / 2007 / Longametraxe / Ficción / Romanés,Francés,Alemán

Ficha artística

Marius Florea Vizante, Mirela Zeța, Ovidiu Niculescu.

Ficha técnica

Guión: Nae Caranfil.
Fotografía: Marius Panduru.
Edición: Dan Nanoveanu.
Produción: Domino Film.

Sinopse

Ambientada nas primeiras décadas do século XX, a película conta a historia de Grig, fillo dunha estrela do Teatro Nacional, que está a piques de cometer un pecado imperdoable a ollos do seu pai: dirixir unha película de cinema! Soña con realizar o filme máis grandioso e longo de todos os tempos, a reconstrución fiel da guerra contra os turcos coa que Romanía conseguira a súa independencia 35 anos antes. Leon, un terratenente local tocado por delirios mesiánicos e autoproclamado patrón das artes, convértese no financiador de todo o asunto. Pero poderá Gaumonde, a compañía francesa que controla o mercado cinematográfico en case toda Europa, aceptar a competición cunha produción independente de tal amplitude? E, en caso afirmativo, obterá Grig, a través desta vitoria, o respecto do seu pai? Unha historia (en gran parte) verdadeira, que ten como punto de partida a primeira longametraxe romanesa, A Guerra da Independencia (1912).

Premios

  • A produción obtivo en 2009 nove premios Gopo (os Goyas romaneses), entre eles, o Gopo á mellor película, ao mellor guión e á mellor fotografía.
Duración: 
140 min
Entradas: 

VENTA ANTICIPADA:

  • compostelacultura.gal
  • No Teatro Principal (de 15.30 a 22 h) para toda as proxeccións
  • En NUMAX (de 10 a 14 h e de 16 a 22 h) e en Multicines Compostela (de 16.40 a 22 h) para as proxeccións da propia sala.

VENTA INMEDIATA:

Ata 5 minutos antes do inicio de cada sesión.

  • No Teatro Principal, para as proxeccións de Teatro Principal, Salón Teatro, e Museo das Peregrinacións.
  • En Multicines Compostela e en NUMAX para as proxeccións da propia sala.

PREZO:

  • 4 euros
  • Abono 10 películas: 30 euros
Funcións: 
Xoves, 22 Novembro, 2018
21:45
Multicines Compostela