ALGUÉN QUE RESPIRA! IX FESTIVAL DE POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL
A novena edición do Respira! culminará cunha apoteose dedicada especialmente á oralidade o sábado 21, cando se celebra precisamente o Día da Poesía. No programa desa noite, a partir 20.30 horas e baixo o título Son nove e non van ser dez, subirán ao escenario algunhas das personalidades máis sobranceiras da intervención poética física, con nomes como Silvia Penas, Estevo Creus, Isaac Xubín, Samuel Merino, Lucía Aldao, Nieves Neira e María Grandío. Con eles, e mais coa poeta andaluza Isabel Martín, o festival fará memoria propia das propostas orais que ao longo das súas nove edicións pasaron polo Teatro Prinicipal. É, sen dúbida, un dos programas estrela do Respira! e unha oportunidade única para ver reunidas as grandes voces da performance poética galega.