ALGUÉN QUE RESPIRA! IX FESTIVAL DE POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL
O festival celebra o 19 de marzo o encontro clásico xa do seu programa: o recital onde se reúne a poetas das distintas linguas ibéricas, algúns deles tamén engastados á memoria do Respira!, como a vasca Miren Agur Meabe (que participou en 2022) ou Pol Guasch, que estivo en 2020 e agora regresa para presentar a súa impactante obra sobre a memoria familiar e o suicidio do seu pai. Canda eles, Xavier Cordal, unha das voces de culto da poesía galega actual; a portuguesa Raquel Patriarca e Ana Rosetti, un nome de referencia na renovación da poesía española desde os anos oitenta.