RESPIRA 26 · LETRAS NOVAS + POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL

DATOS BÁSICOS

ALGUÉN QUE RESPIRA! IX FESTIVAL DE POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL

LETRAS NOVAS 

A entrega dos Premios Respira! de poesía para estudantes terá lugar o venres 20 de marzo ás 20.00 horas no Teatro Principal, dentro do programa da novena edición do festival Alguén que respira!. Nesta edición, dedicada á memoria como territorio poético, resultaron gañadores Mario Elías Blanco Boullosa no apartado universitario co poema Onte fomos nenos e xa non; Mencía Rodríguez Lorenzo en Bacharelato e Ciclos co texto Non me lembro de nada; Lucía Gaute Fernández na categoría de ESO co poema A memoria; e Carme Fernández del Castillo en Primaria con Sitcht. O festival, organizado polo Concello de Santiago co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta, reúne durante catro días en Compostela arredor de corenta creadoras e creadores de diferentes disciplinas arredor da poesía.

POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL

Ao longo da súa historia, o Alguén que respira! prestou sempre atención especial ás manifestacións onde a poesía e a música se alían para potenciar se mutuamentea. Nesta edición tan especial de culminación do proxecto, o Respira! reúne voces refrentes da música galega actual, un carteñl que só a poesía é capaz de aglutinar: Faia, Guadi Galego, Woyza e Nuno Pico. Non é soño: é unha realidade ao teu alcance.
 

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
Info práctica: 
Venres, 20 Marzo, 2026
20:00
Teatro Principal