ALGUÉN QUE RESPIRA! IX FESTIVAL DE POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL
Atravesei a cerca é o programa máis especial des que naceu o Alguén que respira! e esta edición non ía ser unha excepción. Porén, a proposta ten tinguiduras singulares: nos diferentes espazos do Teatro Principal (os que habitualmente non son accesibles ao público) poderemos escoitar as voces de persoas que, grazas precisamente a este programa, desenvolveron proxectos específicos. É o caso de Ana Romaní e Chus Silva, coa súa proposta de espazo poético sonoro; de David Trashumante, unha man de axuda constante no festival; Alexandre Fernández Peón, que botou a andar como poeta no Respira! e Antón Reixa, que aquí protagonizou o regreso de Rompente.
· Alexandre Fernández Peón
· Ana Romaní e Chus Silva
· David Trashumante
· Antón Reixa
EVENTO EN ESPAZOS SINGULARES DO TEATRO. 2 Grupos de 25 persoas máximo cada un.