RECITAL DE HELENA SALGUEIRO

DATOS BÁSICOS

“Na distancia medran versos” é a proposta de poesía do Festival C para o mes de agosto, que terá lugar no Paseo da Ferradura da Alameda.

ESCULPIR A PULSIÓN QUE HABITAS. Estrea absoluta
Acción coreográfica poética de Helena Salgueiro

Esculpir a pulsión que habitas xira en torno a toda forza que "encorseta" ao corpo do individuo e á reflexión de por que a sociedade e a institución están enfermas, manexando referentes como Artaud, Van Gogh, Bergman e Bauhaus. Coreografías de danza que dialogan co patrimonio arquitectónico, recitado de poesía simultáneo e música electrónica ambiental son as pedras angulares da acción. Cara ao final, a performer interactuará con distintos materiais para converterse nunha estatua de xeso branco incapaz de respirar. Escultura, artes visuais, arquitectura somática, poesía, danza, arte de acción. Todo nesta peza: Esculpir a pulsión que habitas.

Imaxe: David Altmejd

Duración: 
30 minutos
Información da billeteira: 

Entrada gratuíta previa retirada de convite.
Máximo 2 convites por persoa.
Prégase acudir cunha antelación mínima de 15 minutos. O uso de máscara é obrigatorio.
____
Reserva preferentemente online na web compostelacultura.gal
Horario do despacho de billetes do Teatro Principal: de luns a venres, de 18 a 20 horas.
De non poder asistir, por favor, comuníqueo no teléfono 981 54 23 49 no horario do despacho de billetes.
____
En caso de choiva, os eventos ao aire libre serán cancelados.

Funcións: 
Luns, 24 Agosto, 2020
20:00
Alameda

UBICACIÓN