RADAR 3

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

RADAR 3

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

O sabotador

Anssi Kasitonni | 2022 | 11:55 | Finlandia | EXP, FIC | COR

Un exsabotador volve ao xogo e todos os seus trucos son expostos! Unha curtametraxe de acción sobre a aventura conxunta que é o cine indie, con todos os efectos especiais incluídos.

Xuntos, xuntos

Bernardo Zanotta | 2022 | 37:00 | Francia, Países Baixos | FIC | COR

Un peculiar trío de bandidos pasa o outono nunha vila xunto ao Lago Maggiore. No seu piso de vacacións crean un mundo paralelo, alleo ao seu entorno. Cando as presións do mundo exterior comezan a apertar, secuestran un turista nun intento de dar sentido ás súas vidas.

Estrea en España

Pantasmas

(LA)HORDE | 2022 | 08:12 | Francia | EXP, FIC | COR

Pantasmas é unha nova curtametraxe de (LA)HORDE co ballet nacional de Marsella, cunha banda sonora de Rone e cun guión de Spike Jonze, rodado no Palacio Longchamp de Marsella. Cando o Museo de Belas Artes pecha, as súas figuras apodéranse do lugar deserto, abrázanse e desgárranse, coma se quixesen recuperar o seu corpo... ata que se atopan co garda nocturno.

A ninfa da fonte

Ina López | 2022 | 18:18 | Francia | FIC | COR

Na Place de la Concorde, entre o obelisco e a Torre Eiffel, flúen gotas de auga provenientes dos chorros da Fonte dos Mares sobre os peitos das ninfas. Julie reúnese cos seus amigos e cóntalles que descubriu a exaculación feminina por primeira vez. Unha fábula xorde e resoa coas súas palabras.

Duración: 
75 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Os días de festival, desde 1 h antes do comezo da primeira sesión ata o comezo da última sesión. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Xoves, 6 Outubro, 2022
20:30
Teatro Principal