CURTOCIRCUITO 2021
Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.
Más allá de la noche
Manuel Ponce de León | 2021 | 26:00 | Colombia | FIC | B&N
Un home escribe un poema á morte da súa nai no patio da casa da súa infancia, ás beiras do río Madalena. Unha viaxe polas sombras que habitan a memoria dun espazo, coma follas secas arrastradas polo pesado fluír dun río.
Quattro Strade
Alice Rohrwacher | 2021 | 08:00 | Italia | DOC | COR
A propagación da pandemia da Covid-19 obrigounos a permanecer confinados e impediunos vernos en persoa. A falta de conexións físicas, esta curtametraxe trata doutras formas de contacto entre a veciñanza, a través dunha vella cámara de 16 mm, un obxectivo con zoom e uns metros de película caducada.
Point and Line to Plane
Sofia Bohdanowicz | 2020 | 18:00 | Canadá | FIC | COR
Unha rapaza (Deragh Campbell) desolada pola morte dun amigo lida co sentimento de perda mentres busca significados profundos na súa vida diaria e na arte de Hilma af Klint e Wassily Kandinsky.
Motorway 65
Evi Kalogiropoulou | 2020 | 15:00 | Grecia | FIC | COR
Dous irmáns viven na cidade industrial de Elefsina. Unha ponte conecta o seu barrio, habitado na súa maioría por gregos do mar Negro, cunha zona habitada por inmigrantes de diversa procedencia. As divisións sociais dan lugar a unha hostilidade que se reflicte na escena deportiva local e nas relacións dos dous irmáns.