RADAR 3

DATOS BÁSICOS

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

 

+ 6 GAIN

Jorn Plucieniczak | 2019 | 26:00 | Bélxica | DOC, EXP | COR

Symen e Sam intentan pasar o tempo na monotonía dun suburbio postindustrial. Parecen vivir nunha especie de crepúsculo perpetuo que responde á presencia invisible do “Hardcore”. Mentres xogan e queiman a luz do día, acaban buscando a raíz dos seus desexos.

Estrea en España

 

OPERATION JANE WALK

OPERACIÓN JANE WALK

Leonhard Müllner, Robin Klengel | 2018 | 16:00 | Austria | ANI | COR

Operación Jane Walk está baseado no distópico shooter (videoxogo de disparos) multixogador Tom Clancy’s: The Division. A zona de guerra dixital do xogo foi redeseñada con axuda dunha operación artística: seguindo as regras do software do xogo, o entorno militar é reutilizado para realizar unha xira pacífica pola cidade. Os paseantes urbanos evitan os combates sempre que é posible e convértense en turistas pacíficos dun mundo dixital, que é unha réplica ao detalle do centro de Manhattan. Mentres se vai paseando pola cidade postapocalíptica, problemas como a historia da arquitectura, urbanismo e as intervencións do desenvolvedor do xogo respecto ao tecido urbano son abordados.

Estrea en Galicia

 

RISE

Bárbara Wagner, Benjamin de Burca | 2018 | 20:49 | Brasil, Canadá, EUA | EXP, DOC | COR

Nos espazos alternativos de Toronto, un grupo de poetas, rapeiros, cantantes e músicos negocian o seu status como habitantes de Toronto de segunda xeración, así como de colonos vivindo nun territorio indíxena prestado. De natureza operística, este documental experimental fíxase no ritmo e a poesía como traballos creativos que constitúen o diálogo da mestura de culturas: a chamada e a resposta, o recitativo, o cifrado.

Estrea en Galicia

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Martes, 1 Outubro, 2019
20:15
Teatro Principal