PEDRAS DE CARTÓN
TEATRO
TEATRO PRINCIPAL
Idade recomendada: 3º a 6º Primaria
Duración: 50 min
Lingua: Galego
Quixote é o segundo espectáculo de Pedras de Cartón. Nesta ocasión a compañía escolleu o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, para contalo en clave de comedia. Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, traballa as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu fiel escudeiro Sancho. Nunha proposta chea de humor e case sen palabras, Don Quixote viaxa polas terras de Castela no seu velocípedo acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.