CINEUROPA · NOVAS/OS CINEASTAS
QUITTER LA NUIT / ABANDONAR A NOITE (2023)
Delphine Girard
Bélxica, Francia, Canadá / 108 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Selma Alaoui, Veerle Baetens, Guillaume Duhesme
Ficha técnica:
Guión: Delphine Girard
Fotografía: Juliette Van Dormael
Edición: Damien Keyeux
Produción: Fanny Drew, Sarah Mannering
Sinopse:
A festa arruínase cando Dary agride a Aly. Aly chama á policía e é Anna quen responde e consegue evitar que a agresión vaia a máis. Ao día seguinte, Aly trata de seguir coa súa vida como se nada pasase e relativiza os efectos da agresión. Dary trata de se autoconvencer dunha versión dos feitos que non lle quita o sono. Anna fai por seguir involucrada no asunto. Comeza o xuízo. Que consegue a xustiza? Que se pode reparar?
Delphine Girard (Longeuil, Canadá). Estudou Dirección de Cinema no Institut Supérieur des Arts de Bruxelas (INSAS). A súa curtametraxe de graduación, Monstre (2014) recibiu numerosos premios nacionais e internacionais. Dirixiu despois Caverne (2016) e A sister (2018), que obtivo unha candidatura aos Premios Óscar como mellor curtametraxe. Abandonar a noite é a súa primeira longametraxe.
Seleccionada en Giornate degli Autori no Festival de Venecia 2023
Seleccionada en Zabaltegi-Tabakalera no Festival de San Sebastián 2023