QUISO NEGRO

DATOS BÁSICOS

ESTER GUNTÍN

Idade recomendada: a partir de 8 anos
Duración: 65 min
Lingua: Castelán
 

QUISO NEGRO explora a idea da morte a través do movemento mediante o uso ritual de padróns acústicos, cinéticos e iconográficos. A peza percorre un amplo espectro de escenarios de posesión física e catarse.
Inspírase no tarantismo, un ritual orixinario do sur de Italia durante a Idade Media que cre na mordida simbólica dunha araña e na realización dunha práctica coreográfico-musical para expulsar o veleno do corpo da persoa afectada. A obra emprega o universo iconográfico e simbólico do ritual para reinterpretar as súas prácticas baseadas na coreografía e a música.
A primeira parte explora a preparación para o rito, e a segunda céntrase no esgotamento físico a través de ritmos complexos inspirados na pizzica salentina (a danza tradicional da rexión do Salento).
QUISO NEGRO fala da morte dentro de cada un de nós e pode ser vista como unha viaxe a través dos seus aspectos vitalistas: unha catábase, un descenso festivo.

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Venres, 10 Abril, 2026
20:30
Teatro Principal