FACER APARECER. ENSAIOS COLECTIVOS DUN NOSOUTRAS
COLECTIVO TEMPORAL DE ACTUALIZACIÓN | PUTA MINA | COLECTIVO PUTA MINA E LAAV
Convocamos mulleres que queiran compartir unha xornada colectiva de experimentación xunto ao Colectivo Puta Mina, con Belén Sola e Chus Domínguez desde o LAAV_ e con Cristina Turrado, Áurea González e Raquel Balbuena, do grupo de mulleres mineiras.
Nesta sesión propoñémonos expandir temporalmente as experiencias deste colectivo, especialmente as das mulleres mineiras. Xunto a elas, gustaríanos abrir o espazo a outras voces, posicións e lugares de enunciación, partindo das especificidades e problemáticas do noso territorio e das singularidade das vivencias de cada unha das mulleres que nos queiran acompañar.
Queres unirte a este colectivo temporal? Accede ao formulario de inscrición [arbirase á recepción de propostas tras a inauguración da mostra, o 23 de setembro)
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- De balde
- Dirixida a todas as mulleres interesadas
- Para asistir é necesario cumprimentar o formulario de inscrición
- 25 prazas. A inscrición pecharase cando se cubran as prazas. Esta actividade ten límite de capacidade
►Sábado 17 de outubro
»10.30 h - Benvida
»11.00 h –12.00 h - Visionado en grupo de Puta Mina
»12.00 h – 13.30 h - Conversatorio baixo a proposta do Colectivo Puta Mina
»15.30 h – 17.00 h - Café e peche
Puta Mina iníciase cando catro mineiros se encerran no Pozo Aurelio de Santa Lucía, na conca de Ciñera-Gordón, en León, esixindo un peche ordenado ante o desmantelamento dun sector produtivo con 130 anos de vixencia. O proxecto chega a esta problemática a través dunha colaboradora que coñece os mineiros encerrados. A aproxímación á situación ocorre de maneira aberta e sen saber de antemán que aquela urxencia derivaría nun proxecto de longa implicación O que nun primeiro momento semellaba conducir cara a un relato de resistencia, co foco posto nos mineiros baixo terra, convértese nun proceso de acompañamento á autonarración íntima e colectiva dun grupo de mulleres da conca. Son elas as que, ante esta situación de crise, deciden tomar a palabra para explorar como senten e sosteñen a vida arredor do carbón. Será o LAAV_ quen se encargará de habilitar as condicións para que iso poda acontecer. As voces das mulleres mineiras, arraigadas nas súas propias sensibilidades, e superpostas ás imaxes da mina, irán tomando presenza ante elas mesmas e ante o resto da comunidade, nun mundo no que, en realidade, sempre estiveron.
O LAAV_ (Laboratorio de Antropoloxía Audiovisual Experimental) é un espazo para a investigación e a creación con comunidades e colectivos. Naceu en 2012 no DEAC MUSAC (Departamento de Educación y Acción Cultural del Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León) a partir de La rara troupe, un grupo de traballo arredor do malestar psicosocial que emprega a creación audiovisual desde a autorrepresentación e a narración en primeira persoa. Está integrado de xeito estable por Belén Sola e Chus Domínguez: Chus desde o audiovisual e o documental, Belén desde a mediación e xestión cultural. A proposta combina as disciplinas artísticas e científicas desde unha perspectiva experimental e crítica, explorando as prácticas colaborativas, as pedagoxías críticas e a antropoloxía cultural e visual.