Suso. Fóra de Lugar é un filme documental de Alberto Salcido arredor de Suso de Toro. Nel, o escritor revisa o seu camiño nas marxes nunha conversa constante que o leva a revisitar os seus inicios, os seus modelos e proxectos literarios e os moitos obstáculos da súa carrira. A metraxe recolle tamén a súa constante militancia política, o abandono da profesioón e a volta á escrita, xa dende a tranquilidade e a distancia desapegada da xubilación.
O filme preséntase no Teatro Principal o mércores 17 de abril ás 20.30 horas con entrada de balde previa retirada de convites que poderán ser retirados na Zona C · Punto de Información Cultural, o martes 16 e o propio día 17 (máximo 2 convites por persoa).
FICHA DO FILME
TÍTULO: Suso. Fóra de lugar.
Autoría: Un filme documental de Alberto Sacido.
Duración: 89 minutos.
Clasificación: Todos os públicos (aínda que dirixido por contidos a público adulto).