PROGRAMA DIDÁCTICO 2023-2024

DATOS BÁSICOS

Compostela Cultura, o departamento cultural do Concello de Santiago, ofrece no seu programa didáctico para o curso 2023-2024 un total de 40 funcións de 14 espectáculos diferentes de teatro, monicreques, circo, música e danza, celebraránse no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal desde novembro do 2023 ata abril do 2024. As actividades, totalmente de balde, diríxense ao alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato para os centros de ensino de todo o país. O 19 de setembro é o día no que terán que enviar as solicitudes os centros de ensino de Compostela e o día seguinte, o 20, os do resto de Galicia.

PROGRAMA

O programa arrinca en novembro, os días 2 e 3 no Auditorio de Galicia cun concerto da Banda Municipal de Música de Santiago "O neno de pau" para os nenos/as de infantil, 1º e 2º de primaria. Os días 30 e 1 de decembro teremos o concerto "Pulcinella e a máscara máxica" a cargo da Real Filharmonía de Galicia para alumnos/as de 3º a 6 primaria no Auditorio de Galicia.

Retómase a programación en xaneiro, tamén no Auditorio de Galicia, os días 11 e 12 co concerto "Fridax" da Banda Municipal de Música de Santiago para o alumnado da ESO e Bacharelato, para rematar este mes teremos no Teatro Principal o 23 e 24 un espectáculo de monicreques "Titiricircus" da compañía Tanxarina e dúas obras de teatro, o 30 "O neno Groba e Música" e o 31 "Amantis, (Selfies, Sexting outras formas de amar(se)).

En febreiro contaremos con cinco propostas: os días 1 e 2, no Auditorio, o ‘O gato con botas’ da Real Filharmonía de Galicia, dirixidas a infantil e primaria o día 20 o teatro de Artefeito con ‘Soños’ no Principal, dirixida a ESO e Bacharelato, o día 21 chegará ao Principal Xampatito Pato con ‘Só’ para 1º e 2º de primaria e o 27 un espectáculo de danza "Bailar agora" a cargo de Marta Alonso Tejada.  E pechamos o mes coa obra de teatro ‘Ninja’ de Ghzafelhos dirixido a 3º a 6º primaria que se celebra o día 28 no Teatro Principal.

En marzo teremos dúas propostas de teatro no Principal "Nube nube sol" de Teatro O Cubo dirixida aos máis pequenos, os de infantil e "Wombo Combo" de Galeteatro para os de 3º a 6º primaria. Pechamos a programación no més de abril o 25 e 26 cun concerto da Real Filharmonía de Galicia "Pleasure island"  no Auditorio de Galicia, para ESO e Bacharelato.

PARA MÁIS INFORMACIÓN E TODA A DOCUMENTACIÓN PINCHA AQUÍ!

Entradas: 

PROCEDEMENTO DE RESERVA EN LIÑA

PARA MÁIS INFORMACIÓN E TODA A DOCUMENTACIÓN PINCHA AQUÍ!

DATAS DE ENVÍO DAS SOLICITUDES

  • Centros de ensino de Santiago de Compostela: dende o martes, 20 de setembro 2022 ás 8.30 h
  • Centros de ensino do resto de Galicia: dende o mércores, 21 de setembro 2022 ás 8.30 h
Funcións: 
Martes, 3 Outubro, 2023
Varios lugares
Venres, 26 Abril, 2024
Varios lugares