PROGRAMA 2. PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

LA ENTREGA (2022)

Pedro Díaz

España / 24 min / Ficción / Español

Ficha artística:

Ramón Barea, Ferran Vilajosana, Ana Del Arco, Laura Galán, Mila Pérez

Ficha técnica:

Guión: Fran Carballal, Pedro Díaz

Fotografía: Luis Guijarro

Edición: Juan Manuel Gamazo

Produción: Pedro Díaz, Pablo Zorrilla, Felipe Salas, Fran Carballal, Carlos Guerrero, Pablo de la Chica, César Benítez, Manuel Manrique, David Casas Riesco

Sinopse:

Armando ten 80 anos. Un descoñecido trauma impídelle saír da súa casa desde hai unha década. O seu único contacto co exterior é a través dun rider que lle trae os pedidos que xestiona o seu fillo desde o estranxeiro. Un día Armando recibe algo que fará que reaparezan vellas pantasmas, medos e lembranzas que afrontar.

Pedro Díaz (Santiago de Compostela). Estuda dirección de cinema na Escola Bande à Part de Barcelona. No 2013 dirixe a curtametraxe Mal de sangre, premiada en diferentes festivais nacionais e que viaxa por Europa, Latinoamérica e EEUU. Desde 2014 é director en Movistar+ e traballa en publicidade con produtoras como Mediapro. Dirixindo campañas publicitarias gañou diferentes galardóns nos Promax Awards ou no New York Film Festival.

O NIÑO DOS PAXAROS (2021)

Lucía Estévez

Galicia / 16 min / Documental-ficción / Galego

Ficha artística:

Manu Estévez, María Tasende, Diego Anido

Ficha técnica:

Guión: Lucía Estévez, Manu Estévez

Fotografía: Ariadna Cordal, Dani Cornes

Edición: Lucía Estévez, Brandán Cerviño

Música: Xavier Bértolo

Sinopse:

Os pardais fanse oco entre a maquinaria, nos tubos de escape, nos motores abertos ou nos asentos dos coches da terceira planta. Cando escoitan abrir o gran portalón á primeira hora da mañá, voan lixeiros para entraren. Hoxe o taller é un lugar seguro para eles, do mesmo xeito que o foi para o meu pai nos anos 80.

Lucía Estévez (Vigo). Graduada en Comunicación audiovisual na Universidade de Vigo e no Porto. No 2018 gana o Premio María Luz Morais polo seu videoensaio Muller personaxe. No 2019 gana o premio á Mellor Dirección de CREA no Festival Internacional Curtocircuíto pola súa curta de ficción Arrolo. No 2021 gana o Premio Mestre Mateo á mellor serie web con Xan, proxecto co-creado con Miguel Canalejo. A súa última curta, O neno sardiña, foi seleccionada no Festival de Xixón 2022.

SAUERDOGS (2022)

Guillermo de Oliveira

España / 15 min / Ficción / Inglés

Ficha artística:

August Diehl, Jonathan D. Mellor

Ficha técnica:

Guión: Guillermo de Oliveira, Hector Rojo

Fotografía: Carlos de Miguel

Edición: Guillermo de Oliveira

Produción: Luisa Cowell, Guillermo de Oliveira

Sinopse:

O inverno adiantouse. Bill e Hans, dous fracasados buscadores de ouro que viaxan nunha maltreita zorra de cans, tentan regresar á casa. A través dun inhóspito val nevado, derreados e coas mans baleiras, esgotaron xa por completo a súa marxe para o erro. Cando un dos cans non dá continuado, comezan a aparecer as fendas nos alicerces da súa lealdade.

Guillermo de Oliveira (Vigo). Produtor e director de cinema e publicidade. A súa carreira comeza coa adaptación de videoxogos a curtas de acción real de excelente acollida, como Max Payne: Valhalla (2012) ou Red Dead Redemption: Seth’s Gold (2015). O seu debut na longametraxe foi o documental Desenterrando Sad Hill, premio á mellor película Noves Visions no Festival de Sitges e candidata aos Goya 2019 como mellor documental.

Duración: 
54 MIN
Entradas: 

DE BALDE PREVIA RETIRADA DE CONVITE

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Xoves, 10 Novembro, 2022
17:15
NUMAX
MULTIMEDIA

LA ENTREGA. Tráiler.

O NIÑO DOS PAXAROS | TEASER TRAILER | YAQ DISTRIBUCIÓN | CORTOMETRAJE | SHORTFILM

Sauerdogs | Official Trailer (2022)