PROGRAMA 1. PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

A REVOLUCIÓN (É) PROBABLE (2022)

Lee Douglas, María Ruido, Paula Barreiro

España / 30 min / Documental / Castelán, portugués

Ficha artística:

Saraiva de Carvalho, Robert Kramer

Ficha técnica:

Guión, fotografía e edición: Lee Douglas, María Ruido e Paula Barreiro

Sinopse:

Para que serve unha revolución? Unha revolución aluma outras posibilidades de vida. Velaquí a premisa da que parte esta curtametraxe, que toma como caso de estudo a última das grandes revolucións europeas, a que tivo o seu comezo o 25 de abril de 1974 en Portugal, afonda nas súas raíces coloniais e reflexiona sobre o seu final o 25 de novembro de 1975.

Este ensaio audiovisual, construído con algúns dos traballos cinematográficos máis importantes do 25 de abril e con materiais de arquivo, é unha reflexión sobre a forza política destas imaxes, sobre o legado que nos deixan e sobre o papel dos arquivos, o cinema, os medios de comunicación e a representación en xeral nas nosas loitas contemporáneas.

Paula Barreiro (Vigo). Profesora de Arte Contemporánea na Universidade Grenoble Alpes/LAHRA. Especialista en investigación de intercambios artísticos, crítica de arte e políticas e redes culturais en Europa e en América Latina durante o período da Guerra Fría.

María Ruido (Xinzo de Limia, Ourense). Artista visual, investigadora e produtora cultural. O seu traballo está enfocado na performance, a videoacción, o documental e o cinema ensaio.

Lee Douglas (Dallas. EEUU). Antropóloga visual e comisaria artística. Encabeza o proxecto de investigación Militan Imaginaries, Colonial Memories, unha análise sobre o uso individual e colectivo do material audiovisual resultante de acontecementos históricos.

ANATOMÍA DUNHA SEREA (2022)

Adriana Páramo

Galicia, Reino Unido / 15 min / Documental / Galego

Ficha artística:

Iria Pinheiro

Ficha técnica:

Guión e fotografía: Adriana Páramo

Edición: Hugo Alves

Animación: Borja Santomé

Produción: Annabelle L. Mullen (Belle Films)

Sinopse:

Tras recibir un trato desapropiado no hospital e sufrir as consecuencias dunha episiotomía que se lle practicou sen o seu consentimento durante o parto, a actriz Iria Pinheiro inicia un trámite xudicial contra o Servizo Galego de Saúde, pero, desanimada fronte o complexo e custoso proceso legal, refúxiase no teatro como medio de denuncia. A través dos ensaios e das escenas da obra, Pinheiro conta a súa historia usando a parodia como motor para lle dar visibilidade a esta realidade oculta.

Adriana Páramo (Vigo). Logo de se licenciar en comunicación audiovisual na USC, cursa un mestrado en dirección de cinema na London Film School. Dirixiu Galicia. Portobello Road (2014) e Illa Pedra (2010), a primeira curta de ficción en galego con audiodescrición para invidentes. No 2015 funda en Londres o Galician Film Forum, organización que exhibe cinema galego no Reino Unido. Anatomía dunha serea é a súa quinta curta como directora.

MARGARITA LEDO. PAROLAR CUN EU (2021)

(TAMÉN SE PODE VER EN FILMIN CINEUROPA)

Xisela Franco

Galicia / 20 min / Documental / Galego

Ficha artística:

Margarita Ledo

Ficha técnica:

Guión, produción e edición: Xisela Franco

Fotografía: Diego Romero Suárez-Llanos

Deseño son: Marco Maril

Deseño de créditos: Nuria Carballo

Sinopse:

Unha muller que se despraza por unha cidade, Vigo. Cineasta, escritora, camiñante entre ruínas. Margarita Ledo. Busca un sinal que a leva á fábrica de cerámica Álvarez. Pasos perdidos sobre cascallos e, asemade, unha experiencia inzada de interrogantes, do paso do tempo, dos distintos estados da desaparición que levan á morte pero que, paradoxalmente, aparecen como memoria viva dunha ruptura traumática. O cartaz como acto de invocación dunha cidade fabril que liscou, patrimonio industrial ensombrecido pola crise e a especulación.

E o corpo en movemento e a solidariedade, como actos de esperanza. Ou o cinema, resina e ouro que reconstrúe sobre as fracturas do pasado.

Xisela Franco (Vigo). Licenciada en Comunicación audiovisual e, posteriormente, en Filosofía na UEM de Madrid, funda a súa produtora Epojé Films, que realiza documentais para TVE e para Canle Historia e mais películas con vocación artística. Os seus traballos foron seleccionados en festivais como Dok Leipzig Film Festival, MUFF Montreal, Intermediaciones-Mostra de cinema experimental de Medellín, Festival S8, Playdoc de Tui, S8 ou Mice.

Ao finalizar as proxección haberá coloquio

Duración: 
64 MIN
Entradas: 

DE BALDE PREVIA RETIRADA DE CONVITE

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 5 Novembro, 2022
18:00
Salón Teatro
Luns, 7 Novembro, 2022
21:15
NUMAX
MULTIMEDIA

La revolución (es) probable | Mostra Internacional de Films de Dones de Barcelona

Anatomía dunha serea. Teaser. Subtítulos español

Trailer de "Margarita Ledo. Parolar cun eu"