AVISO: ENTRADAS ESGOTADAS
VANIA PRODUCCIONES
Idade recomendada: adultos
Duración: 90 min
Idioma: español
“A pregunta é precisa. Catro personaxes tentan respondela: Un cardiólogo que non sabe nada dos asuntos do corazón, unha muller namorada de quen lle rompeu o corazón e algúns ósos, un home todo ollos envolto nunha coiraza e unha muller crisálida converténdose en algo descoñecido para ela.
Medea, nas Metamorfoses de Ovidio, definiu ben o namoramento cando viu por primeira vez a Jasón: “Sentín coma se unha frecha se tivese cravado no meu peito até as plumas”. Dor, amor. Gozo, amor.
Coma se dunha borracheira se tratase, de feito, trátase dunha borracheira, Herb, Terry, Nick e Laura falan, discuten, bícanse, peléxanse, escóitanse, entristécense, témense, atrévense, desmáianse, enfurécense, entenrécense, abrázanse, emborráchanse, desespéranse, pregúntanse que é o amor. E mírannos, reflíctennos, pregúntannos. E é imposible non verse reflectido.”
Andrés Lima
¿De qué hablamos cuando hablamos de amor?’ é a adaptación teatral dun dos relatos máis coñecidos de Raymond Carver, que foi orixinalmente publicado en 1981. A peza xira precisamente en torno ao tema do amor, a través de catro personaxes que conversan nunha cociña: un matrimonio “veterano” e unha parella de amigos máis novos cuxa relación é máis recente. Ao longo dunha tarde, nunha atmosfera marcada pola luz cambiante, os catro comparten as súas experiencias e ideas, grandes e pequenas, sobre o que significa o amor e a necesidade do outro. Romántica e conmovedora, realista e poética ao mesmo tempo, a peza non só é referente dunha época senón que nos atrapa hoxe coa forza dunha peza de música esencial.
Director: Andrés Lima
Axudante de dirección: Laura Ortega Pinillos
Adaptación: Juan Cavestany
Deseño de escenografía/vestiario: Beatriz San Juan
Deseño de iluminación: Valentín Álvarez
Deseño vídeo-creación: Miquel Ángel Raió
Composición musical: Jaume Manresa
Dirección de produción: Ana Guarnizo
Elenco artístico: Javier Gutiérrez, Mónica Regueiro, Daniel Pérez Prada e Vicky Luengo
Web do espectáculo: https://vania.es/principiantes/