A 37ª edición de Cineuropa distingue a traxectoria do actor santiagués Luis Zahera. A entrega do Premio Cineuropa incluirá a proxección do filme El Reino, de Rodrigo Sorogoyen que lle valeu o Goya o mellor actor secundario.
EL REINO (2018)
Rodrigo Sorogoyen
España, Francia / 131 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Antonio de la Torre, Luis Zahera, Bárbara Lennie, Josep Maria Pou, Ana Wagener
Ficha técnica:
Guión: Rodrigo Sorogoyen, Isabel Peña
Fotografía: Álex de Pablo
Edición: Alberto del Campo
Produción: Mercedes Gamero, Mikel Lejarza
Sinopse:
Manuel, un influente vicesecretario autonómico que o ten todo a favor para dar o salto á política nacional, observa como se derruba a súa perfecta vida a partir dunhas filtracións que o implican nunha trama de corrupción xunto a Paco, un dos seus mellores amigos. Mentres os medios de comunicación comezan a se facer eco das dimensións do escándalo, o partido pecha filas e unicamente Paco sae indemne. Manuel é expulsado, sinalado pola opinión pública e traizoado polos que ata había unhas horas eran os seus amigos. Aínda que o partido pretende que cargue coa responsabilidade toda, Manuel non se resigna a caer só. Co único apoio da súa muller e da súa filla, e atrapado nunha espiral de supervivencia, Manuel verase obrigado a loitar contra unha maquinaria de corrupción que leva anos engraxada, e contra un sistema de partidos no que os reis caen, pero os reinos continúan.
7 Premios Goya que inclúen mellor director, guión, actor principal e actor de elenco (Luis Zahera) 2018