PREMIO CINEUROPA A LOIS PATIÑO + MONTAÑA EN SOMBRA + EL SEMBRADOR DE ESTRELLAS

DATOS BÁSICOS

Cineuropa premia a Lois Patiño, que estará recollendo o seu galardón no Teatro Principal o domingo día 6.

Tras a cerimonia poderemos ver dúas das súas curtametraxes: 'El sembrador de estrellas' e 'Montaña en sombra'.

 

EL SEMBRADOR DE ESTRELLAS (2022)

Lois Patiño

Xapón / 25 min / Experimental

Ficha técnica:

Guión e fotografía: Lois Patiño

Deseño de son: Xabier Erkizia

Voces: Yumiko Teramoto, Tetsuro Mareda

Sinopse:

Luces afastadas debuxan a cidade. Chegan barcos luminosos con xente durmida e a noite vólvese líquida. O sementador de estrelas espértaos e atravesan a cidade falando disto e do outro, mentres se despiden de todo.

Notas de intención:

Tokio de noite encandea, é unha fantasía de luces que hipnotizan. Observadas con distancia e quietude, deixándote levar por elas, podes atopar alí unha atmosfera meditativa. O primeiro que procurei captar era esta sensación sosegada, agochada dentro da vertixe dunha megalópole como Tokio.

A partir desta atmosfera comecei a pensar o relato. Interésame sempre o espazo limbo entre vida e morte, entre imaxinario e real, onde as fronteiras entre ambos se borran para facer emerxer o espectral e o onírico. O relato quería que transcorrese por este ámbito, dándolle forma a partir dun diálogo de voces incorpóreas. Voces que atravesan a cidade-limbo estando asemade fóra e dentro da imaxe, como unha especie de despersonalización.

 

MONTAÑA EN SOMBRA (2012)

Lois Patiño

España / 14 min / Experimental

Ficha técnica:

Cámara, montaxe: Lois Patiño

Colaboración: Carla Andrade

Son: Miguel Calvo "Maiki" e Erik T. Jensen

Música: Ann Deveria

Sinopse:

A montaña contempla, desde a distancia da súa altura, os esquiadores a se desprazaren polo seu corpo nevado. Figuras que se volven espectrais nun movemento hipnótico.

Obra poética que se achega á relación entre o home e a inmensidade da paisaxe. Partindo do branco da neve, a imaxe vaise volvendo cada vez máis escura, transformando o espazo en algo irreal, impreciso. A imaxe aplánase perdendo toda profundidade na procura dunha abstracción pictórica e a percepción das escalas vólvese contraditoria.

Premio especial do xurado na Labo Competition de Clermont-Ferrand Film Festival 2014.

Premio ‘Jury of the Minister’ no Festival de Oberhausen 2013

Mellor fotografía no Festival de Cinema Experimental de Bucarest 2013

Premio ao mellor director galego e mención especial do xurado na sección ‘Explora’ en Curtocircuíto 2013

Entradas: 

DE BALDE PREVIA RETIRADA DE CONVITES DESDE DOUS DÍAS ANTES DO EVENTO, ÁS 11.00 H

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Domingo, 6 Novembro, 2022
20:00
Teatro Principal