Cineuropa premia a João Pedro Rodrigues, que estará en Compostela para recoller o galardón e presentar o seu filme 'Fogo-Fátuo'.
FOGO-FÁTUO (2022)
João Pedro Rodrigues
Portugal, Francia / 67 min / Ficción / Portugués, inglés
Ficha artística:
Mauro Costa, André Cabral, Joel Branco, Oceano Cruz, Margarida Vila-Nova, Miguel Loureiro, Dinis Vila-Nova
Ficha técnica:
Guión: João Pedro Rodrigues, João Rui Guerra da Mata, Paulo Lopes Graça
Fotografía: Rui Poças
Edición: Mariana Gaivão
Produción: Terratreme Filmes, House On Fire, Filmes Fantasma
Sinopse:
2069, un ano erótico onde os haxa, pero fatídico para un rei sen coroa. No seu leito de morte, unha vella canción transpórtao a afastadas lembranzas: árbores, un piñeiral queimado e o momento no que o desexo de se converter en bombeiro, de liberar a Portugal do flaxelo dos incendios, desencadeou outro desexo. Daquela, un príncipe, Alfredo, coñece a Afonso. De diferentes orixes e cores de pel, atópanse, axúdanse e o léxico do abuso ennegrécese co desexo.
Mellor película na Semana dos Directores no Festival de Bruxelas 2022
Sección ‘Quinzaine des réalisateurs’ do Festival de Cannes 2022