PREMIO CINEUROPA JAIONE CAMBORDA + ARIMA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · PREMIO CINEUROPA JAIONE CAMBORDA

ARIMA (2019)

Jaione Camborda

España  / 77 min / Ficción / Galego

Ficha artística:

Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Davila, Iria Parada, Tito Asorey, Mabel Rivera

Ficha técnica:

Guión: Jaione Camborda 

Fotografía: Alberte Branco

Edición: Marcos Flórez

Produción: Alfonso Zarauza, Carlos M. Carbonell, Jaione Camborda

Sinopse:

Arima é o que se albisca entre a néboa, o que se intúe pero non se alcanza a ver con claridade: un soño, unha lembranza, un desexo. A chegada inesperada de dous forasteiros altera a vida de catro mulleres e dunha nena nun pequeno lugar. Un deles foxe do outro, agochándose como unha presenza espectral e incerta; o outro, ferido e armado, espertará nas mulleres medos e pulsións ocultas. Entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, Arima debuxa un territorio de misterio onde o desexo e o medo se confunden.

Jaione Camborda é unha cineasta que traballa desde a materia, o corpo e a memoria para crear narrativas sensoriais profundamente vinculadas ao territorio. Formada na FAMU de Praga e na HFF de Múnic, desenvolveu un cine de experimentación plástica a través de curtas premiadas antes de consolidar a súa propia voz no panorama cinematográfico. A súa primeira longametraxe, Arima (2019), destacouse pola súa atmosfera envolvente e pola exploración da identidade e do misterio. C’O corno (2023), sobre unha parteira nunha viaxe de fuxida e resistencia, converteuse na primeira directora española en gañar a Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián. As súas películas proxectáronse en máis de 60 países e en festivais como Toronto, BFI London, Busan ou San Sebastián.

Mellor Película na Sección Escáner do Festival Márgenes 2019

Mellor Dirección da Sección As Novas Ondas do Festival de Cine de Sevilla 2019

 

Duración: 
77 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retira de convite (dispoñible o martes 12 de novembro)

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euro

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gaL
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Venres, 14 Novembro, 2025
20:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

Arima. Jaione Camborda. Trailer.