CINEUROPA · PREMIO CINEUROPA ALBERTO GRACIA
LA PARRA (2024)
Alberto Gracia
Galicia / 90 min / Ficción / Español
Ficha artística:
Alfonso Míguez, Pilar Soto, Lorena Iglesias, Emilio Buale
Ficha técnica:
Guión: Alberto Gracia
Fotografía: Ion de Sosa
Edición: Velasco Broca, Alberto Gracia
Produción: Beli Martínez, Roi Carballido, Javier Tasio
Sinopse:
Damián, un home de mediana idade que vive de maneira precaria nunha gran cidade, recibe a nova da morte do seu pai e vese obrigado a regresar ao seu Ferrol natal logo de máis de vinte anos de ausencia. O lugar, que lembraba vibrante, converteuse nunha ruína que parece atrapar a todos os seus habitantes. Damián participa tamén nun concurso televisivo no que se premia a literalidade. Cando o programa vai a publicidade, comeza a súa verdadeira historia: o regreso a un Ferrol en decadencia.
Alberto Gracia (Ferrol). Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde cursou a especialidade de escultura, e realizou exposicións en diferentes países. A súa obra participa de ferramentas como a pintura, o debuxo, a performance, o vídeo e a instalación. Interesado na estética, publicou o libro de ensaio titulado Microfugas. Teoría y juego de la profanación (Aristas Martínez, 2010). Ademais, participou dende aquela en proxectos de investigación como Grid Spinoza (2011) e en conferencias e mesas redondas relacionadas co tema. A súa ópera prima, O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, gañou o premio da crítica en Rotterdam. A súa segunda longa, La estrella errante, gañou o premio Novas Olas no Festival de Cinema Europeo de Sevilla. Esta é a súa terceira longametraxe.
Sección oficial do Festival de Rotterdam 2024
Gran Premio Alquimias da Seminci 2024