PREMIO CINEUROPA A ÁNGELA MOLINA

DATOS BÁSICOS

Cerimonia e entrega do premio Cineuropa a Ángela Molina

Ángela Molina achégase ao Teatro Principal para recibir o aplauso dun público que xeración tras xeración avala a súa incuestionable traxectoria; e con ela poderemos compartir de novo o gozo en pantalla grande de  'Ese escuro obxecto do desexo', o filme na que a tiña dirixido Luis Buñuel.

 

Ese escuro obxecto do desexo

Dirección: Luis Buñuel

Francia,España / 1977 / Longametraxe / Ficción / Francés,Castelán

Ficha artística

Fernando Rey, Ángela Molina, Carole Bouquet, Julien Bertheau, André Weber, Milena Vukotic, María Asquerino, Ellen Bahl, Valérie Blanco.

Ficha técnica

Guión: Luis Buñuel, Jean-Claude Carrière (Novela: Pierre Louÿs).
Fotografía: Edmond Richard.
Música: Richard Wagner.
Produción: Les Films Galaxie / Incine / Greenwich Film Productions.

Sinopse

Durante unha viaxe en tren de Sevilla a Madrid, o maduro cabaleiro Mathieu conta aos seus compañeiros de vagón a historia dos seus infortunios amorosos coa bailarina Conchita. A partir do seu primeiro encontro en París, Conchita xoga coa obsesión de Mathieu, facéndoo pasar continuamente do desexo á frustración e do amor ao odio máis furibundo.

 

 

 

 

Duración: 
103 minutos (filme)
Entradas: 

Entrada de balde previa retirada de convite no despacho de billetes do Teatro Principal desde 2 días antes do evento

Horario billeteira: 15.30 a 22.00 H

 

Funcións: 
Sábado, 17 Novembro, 2018
20:00
Teatro Principal