PREMIO CINEUROPA · JONÁS TRUEBA (LOS ILUSOS + MINIATURAS)

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · PREMIO CINEUROPA JONÁS TRUEBA

LOS ILUSOS (2013)

Jonás Trueba

España  / 93 min / Ficción / Castelán

Ficha artística:

Francesco Carril, Aura Garrido, Vito Sanz, Mikele Urroz, Isabelle Stoffel, Luis Miguel Madrid

Ficha técnica:

Guión: Jonás Trueba

Fotografía: Santiago Racaj

Edición: Marta Velasco

Produción: Javier Lafuente, Jonás Trueba

Sinopse:

Los ilusos é unha película sobre o desexo de facer cinema, ou sobre o que fan algúns cineastas cando non fan cinema; sobre perder o tempo e o tempo perdido; sobre conversas, bebedeiras, comidas e rutinas; sobre os paseos ao saír do cinema; sobre estar namorado; sobre estar só e estar con amigos, construíndo futuros recordos para unha película futura.


MINIATURAS (2011)

Jonás Trueba

España  / 36 min / Ficción / Castelán

Ficha artística:

Óscar Fernández Orengo, Bárbara Lennie, Javier Rebollo

Ficha técnica:

Edición: Marta Velasco e Jonás Trueba

Sinopse:

Imaxes e sons rexistrados por Jonás Trueba entre 2007 e 2009 coa cámara do seu teléfono móbil, cunha resolución de 3 megapíxeles…: un tempo de espera, entre amigos e en soidade, antes da rodaxe da súa primeira longametraxe, Todas las canciones hablan de mi; pero tamén o bosquexo dun libro, Las ilusiones, e do que despois sería o seu segundo filme, Los ilusos. A través dunha multipantalla, despregando diferentes planos que se combinan de maneira intuitiva, cada espectador pode rematar de facer a súa propia montaxe e, talvez, volver mirar unha imaxe por segunda ou terceira vez, como se puidésemos reter o tempo, polo menos outro segundo máis…

Jonás Trueba é autor de filmes como Todas las canciones hablan de mí (2010), Los ilusos (2013), Los exiliados románticos (2015), La reconquista (2016), La virgen de agosto (2019), Quién lo impide (2021), Tenéis que venir a verla (2022) e Volveréis (2024), estreada na Quincena de Cineastas de Cannes e gañadora do Premio Europa Cinemas Label. O seu cinema, intimista e poético, foi recoñecido con galardóns como o Goya á Mellor Película Documental ou o Premio Ollo Crítico de Cinema, ademais de en festivais como Málaga, Karlovy Vary ou San Sebastián. Tamén é coguionista de Más pena que gloria, Vete de mí e El baile de la victoria, e autor dos libros Las ilusiones (2013) e El viento sopla donde quiere (2025). Compaxina o cinema coa docencia e a escritura, e é cofundador de Los ilusos films, produtora de todas as súas películas, e apoiou proxectos de cineastas como Itsaso Arana e José Luis Guerin.

Imaxe portada Los Ilusos

Imaxe nova Miniatura

 

 

Duración: 
129 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retirada de convite (dispoñible o martes 18 de novembro)

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

INFO XERAL ENTRADAS

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 20 Novembro, 2025
20:30
Teatro Principal
MULTIMEDIA

"Los ilusos" (teaser)