POR VEZ PRIMEIRA: 'NIDOS (NIUS)'

DATOS BÁSICOS

PROJECTE NIUS

Idade recomendada: < 2 anos

Duración: 45 min

Lingua: sen texto

NIDOS é unha invitación para toda a familia a vivir a arte cos cinco sentidos. O espectáculo está dedicado ao momento único dos primeiros 18 meses de vida. Celebramos, nun espazo tranquilo e seguro, cheo de beleza, música, cheiros, cores e texturas, a chegada da vida en forma de bandullo e latexado. Desde a tenrura e o xogo, gozamos o descubrimento do corpo, os sons e o espertar das memorias da nosa infancia. A creación contou co traballo dedicado de nais e pais que viven nos Centros Penais de Wad-Ras e Brians 2.

Ficha artística

Idea e dirección: Helena Cabo

Reparto: Helena Cabo e Pablo Arias

Creación musical: Helena Cabo con instrumentación e arranxos de Pablo Arias, Guillem Aguilar e Xavier Lozano

Movemento escénico: Helena Cabo, Pablo Arias e Anna Català

Mentoring artístico: Dalija Acin Thelander

Acompañamento artístico: Cristina Martí e Toni Viñals

Escenografía e atrezzo: CreaMoviment, inspirada na obra de Eva Vázquez

Adaptación e realización de escenografía: Eva Vázquez, Helena Cabo, Ángela Peinado e pais e nais que cumpren unha pena privativa de libedade nos Centros Penitenciarios de Brians 2 e de Wad Ras. Co soporte do Grupo de responsabilidade parental do Centro Penitenciario de Brians 2 e Bàrbara Viader & CEIB Integración Sensorial

Estruturas: Josep Miquel, Guillermo Vázquez e Xavi Pérez

Vestiario: Natalie Capell

Son e iluminación: Dani Sánchez

Fotografía: Bàrbara Viader, Helena Hosta e Elisenda Fontarnau

Vídeo: Anna Oset, Marc Pisa e Helena Hosta.

Comunicación: Helena Cabo, Anna Vila e Laia Lorente

Unha produción de: CreaMoviment & laSala/elPetit 2021

Xestión da xira: Imaginart

PorVezPrimeira

PorVezPrimeira presenta un programa dedicado á primeira infancia. Unha selección moi coidada de espectáculos para bebés e os/as máis pequenos/as da casa, que pretende que tanto o Auditorio de Galicia como o Teatro Principal se convertan no lugar da primeira experiencia cultural dos nosos e das nosas novas veciñas.

Recoméndase asistir con non máis de 2 acompañantes por bebé ou crianza.

Deberase mercar unha entrada para cada asistente independentemente da súa idade.

Duración: 
45 min
Entradas: 

3 euros

  • Recoméndase un máximo de 2 acompañantes por bebé ou crianza.
  • Deberase mercar unha entrada para cada asistente independentemente da súa idade.
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 6 Maio, 2023
11:00
Auditorio de Galicia
Sábado, 6 Maio, 2023
12:30
Auditorio de Galicia