POR QUE NON CANTADES TODAS? · CANTAREIRAS · CANTIGAS E AGARIMOS

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C · LETRAS · MÚSICA · POESÍA AO SOLPOR

CANTIGAS E AGARIMOS

Idade recomendada: Todos os públicos

Duración: 40 min


Cantareiras é unha celebración do patrimonio oral galego a través da forza rítmica e emocional das voces e das mans das mulleres. No marco do Festival C, as pandeireteiras de Cantigas e Agarimos achegan un espectáculo que honra a tradición que tantas veces chegou ata nós a través da voz anónima das transmisoras: as cantareiras que gardaron na memoria colectiva os versos da terra.
Formado por catorce mulleres, o grupo interpreta un repertorio tradicional recollido de todas as zonas de Galicia, empregando instrumentos populares como pandeiretas, pandeiros cadrados e redondos, latas ou cunchas. A súa proposta é, ao tempo, celebración e responsabilidade: dar continuidade a unha cultura que nos define como pobo e que foi transmitida xeración tras xeración grazas ao saber e á creatividade das
mulleres.

Con máis de cen anos de historia, Cantigas e Agarimos é unha referencia no folclore galego, e as súas pandeireteiras representan unha das voces máis recoñecibles e vibrantes desa herdanza inmaterial.

 

Duración: 
40 min
Acceso: 
  • Acceso libre e de balde
  • Para todos os públicos
  • Lingua: galego
Info práctica: 
Mércores, 19 Agosto, 2026
20:00
Alameda