CURTOCIRCUITO 2021
É case imposible contemplar os fenómenos artísticos do s.XXI sen comprendelos coma un cúmulo de disciplinas converxentes. Músicos, cineastas, artistas visuais ou escritores apóianse mutuamente para dar lugar a novos formatos e correntes que avanzan inexorablemente cara unha renovación dos vellos conceptos que rodean a maridaxe entre a música e a imaxe.
No somos nada
Javier Corcuera | 2021 | 01:50:00 | España, Perú | DOC | COR
La Polla Records, unha das bandas máis lendarias do punk, regresa para dicir adeus. Con motivo da xira definitiva do grupo, o seu vocalista, Evaristo Páramos, revive 40 anos de historia desde a súa vila en Euskadi. Esta é a rocambolesca historia duns aldeáns que revolucionaron a música chea de carraxe cunhas cancións convertidas en himnos polos seus milleiros de seguidores.